Categorías
Ensino Folga 20F

“Avante a loita do estudantado galego”

20F VigoO pasado 20 de febreiro, as rúas das principais cidades e vilas da Galiza enchéronse de ilusións e berros nunha histórica xornada de loita para rexeitar a lei da wertgoña e os numerosos recortes que sofre o ensino público da man das políticas de Feijóo na Xunta de Galiza e do Partido Popular no goberno español. O estudantado galego ten moi presente que o único obxectivo destas reformas educativas a golpe de maioría absolutista é desmantelar o sistema educativo, en beneficio da educación privada/concertada, cristiá, patriarcal e españolizadora.

É preciso manter a combatividade do estudantando galego para facermos fronte ao españolismo máis feroz e á dereita rancia e impedir a expulsión das fillas e fillos das clases traballadoras do sistema educativo público, sexa ensino medio como universitario.

As mobilizacións vividas nas sete cidades galegas e en máis de vinte cabeceiras de comarca amosan a insubmisión do estudantando face os recortes que impón o capital. Mais nesta batalla na defensa do ensino público galego aínda non estamos todas. Cómpre sumar máis estudantes, máis mocidade  e continuar mostrándonos fortes ante a represión e os ataques do sistema que só procuran desprestixiar a nosa loita e restar forza aos nosos obxectivos.

Máis unha vez temos que rexeitar o abuso de autoridade vivido nas rúas onde o estudantado foi identificado masivamente, ameazado con sancións económicas e limitado no exercicio da liberdade de expresión séndolles incluso secuestradas por parte da policía as bandeiras da nosa Patria. Con todo, debemos resaltar que a fortaleza e potencia dos protestos non radica en accións violentas de carácter espontáneo e individualista -como as vividas en Vigo ou Compostela-, que para alén da autosatisfacción dunha minoría non contribúen a sumar máis apoios e complicidade social á nosa loita, senón que acaban por ser funcionais en moitos casos a  intereses contrarios, sendo empregadas polo poder como escusa para disolver mobilizacións masivas e para caricaturizar e desprestixiar a propia protesta. A resposta máis contundente non resultará dun confronto inútil co mobiliario urbano, senón da nosa capacidade colectiva por sumar máis povo tras as xustas reivindicacións do estudantado e da mocidade galega.

A nosa principal arma revolucionaria continúa a ser a intelixencia. Intelixencia para calibrarmos que pasos dar en cada momento, non en función de pulsións persoais -e moito menos por intereses de grupo- senón dos obxectivos que perseguimos colectivamente. Intelixencia desde a que só cabe ter a certeza de que o camiño non é outro que o de continuar a sumar conciencia organizada a este lado da trincheira. Tras o 20F a nosa loita non debe rematar, agora temos que continuar organizándonos nos nosos centros de ensino e universidade, nos barrios e as vilas, nos centros de traballo, colectivizando a resposta aos ataques reaccionarios do Partido Popular ao noso dereito a un ensino público, galego, democrático e de calidade, e traballarmos desde xa cara a unha nova resposta na rúa.

Artigo publicado en Sermos Galiza

Categorías
Ensino Folga 20F Video

#Folga20F Slow Motion – Vigo

#Folga20F Slow Motion Vigo, con música de Sherbet Underground e Caxade (Foliom da Rebeliom) de gzvideos.info

[youtube http://www.youtube.com/watch?v=UB-wKBmgrOA]

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario