Quen son?

59939946_10218175667612693_2437508203789942784_nSon Adrian R. Bravo. Nacín en Vigo (Galiza) no Outono do 1988 na parroquia de Lavadores.

Teño estudos como preparador laboral para persoas con diversidade funcional e Técnico Superior en Animación Sociocultural. Tamén teño formación á atención sociosanitaria a persoas dependentes.

Desde 2009 traballei en distintas entidades sociais da área metropilotana de Vigo pulando pola integración social e laboral das persoas con TEA. No 2018 entro a formar parte da equipa da Fundación Moncho Reboiras, entidade na cal traballo a día de hoxe.

Activismo político, sindical e social

Dende o ano 2005 participo en diversas organizacións políticas, sindicais e sociais.

No 2005 comezo a militancia no movemento estudiantil nacionalista dentro dos Comités Abertos de Estudantes (CAE) (organización maioritaria no ensino medio na Galiza hoxe integrada posteriormente nos Comités), da que fun Responsábel Local de Vigo e Secretario Xeral (2007-2008) até a unificación dos CAE e Comités Abertos de Facultade (CAF) e a constitución posterios dos Comités no 10 de maio do 2008. No ano 2009, abandono a militancia xuvenil, tras a finalización dos meus estudos.

No ano 2006 entro a formar parte de Galiza Nova e do Bloque Nacionalista Galego. Na organización xuvenil do BNG, desenpeñei ao longo da miña militancia (2006-2018) varias responsabilidades orgánizas, tanto a nível local, comarcal e nacional. Nos últimos catro anos de militancia xuvenil formei parte da Comisión Permanete de Galiza Nova e da súa Dirección Nacional asumindo a responsabilidade de Comunicación e Propaganda. O pasado 24 de novembro do 2018, participo na XV Asemblea Nacional de Galiza Nova onde remato a etapa de militanca no campo xuvenil.

No BNG, desde a miña afiliación á organización frentista, fun militante de base durante moitos anos, desde o 2006 até o día de hoxe participei en varios organismos a nivel local e comarcal. A día de hoxe formo parte do Consello Local e son o responsábel de Comunicación da organización a nível local.

En 2013, entro a militar na Unión da Mocidade Galega (UMG), organización xuvenil da Unión do Povo Galego (UPG), organización da cal fun Secretario Xeral durante os anos 2016,2017 e 2018. Na actualidade formo parte do Secretariado Político da UPG, do Comité Central e tamén participo na secretaría de Relacións Internacionais.

No ámbito sindical son afiliado da CIG desde decembro do 2009, na miña etapa como traballador da Asociación Autismo Vigo fun delegado sindical, a día de hoxe formo parte da Executiva Comarcal de CIG-Banca, onde son o responsábel de Formación.

En  Xuño de 2010, intégrome na directiva da AAVV de Lavadores asumindo a responsabilidade da área de Xuventude , en Xuño do 2011 presento a miña dimisión por discrepancias na dirección e na xestión da entidade co actual presidente e a xunta directiva.

Presenza institucional

No período 2005 ate 2007 fun parte do Consello Escolar da Galiza e do Consello da Xuventude de Galiza en representación dos Comités Abertos de Estudantes (CAE).

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario